Si, si, si: MariCorners xa está aquí! E este é o momento no que formalizas a túa inscrición ao evento académico máis importante para a asociación: o Congreso Internacional de Estudos Interdisciplinares LGTBIA+ e queer.
Inscribirte en MariCorners é indispensable para:
- Asistir telemática ou presencialmente ao congreso na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
- Recibir un certificado (co seu unicornio oficial) que acredite o teu paso e/ou participación por MariCorners (asistente ou relatora).
- Ademais do certificado, tes a posibilidade de contar co teu lote de produtos maricornios especialmente deseñados para a ocasión.
- Acceder ao desconto do 5 % en trens RENFE, que terás que solicitar a través do correo hola@maricorners.es e farémoste chegar as instrucións para utilizalo co fin de desprazarte en tren durante a semana do congreso.
Para formalizar a túa inscrición, escolle as opcións dos seguintes menús que máis se axusten á túa elección:
- Participas cunha comunicación / obradoiro / performance ou simplemente queres asistir?
- Es estudante ou non tes traballo? Nese caso, poderás acollerte a unha tarifa reducida, pero deberás xustificar documentalmente a túa situación cando realices a inscrición.
- Es elixible para obter unha posible bolsa de inscrición? #NON te INSCRIBAS AÍNDA: Solicita a túa bolsa aquí.
- Queres recibir información sobre a cea do congreso? Indícao para ter información organizativa. Marca «Non» se non tes interese ou non podes asistir.
NOVIDADE! MariCorners é unha iniciativa autoxestionada coas vosas inscricións. Con todo, sabemos que non todo o mundo pode permitirllo. Desde hai anos queremos facer deste congreso un espazo cada vez máis accesible.
Por iso, ata o 15 de febreiro poderás facer unha achega voluntaria (micromecenado) para que algunhe participante obteña unha inscrición gratuíta pola súa situación económica. Poderás achegar 5, 10, 20 ou 50 €. Todo o recadado irá exclusivamente a cubrir as bolsas de persoas que as soliciten e acrediten determinados criterios.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Estas son as cotas de inscrición deste ano. OLLO, VOLUNTARIES: Premede aquí para ler tódala información sobre o voluntariado para esta edición. Se non estás segure ou tes algunha dúbida, escríbenos unha mensaxe 🙂
| Perfil inscripción | Unicornios temperás (ata o 28 de febreiro) |
Unicornios tardíos (do 1 de marzo ao 15 de abril) |
| Estudante con comunicación, obradoiro ou performance | 30 € | 50 € |
| Estudante con póster | 20 € | 40 € |
| Estudante asistente | 15 € | 15 € |
| Non estudante con comunicación, taller ou performance | 50 € | 80 € |
| Non estudante con póster | 30 € | 60 € |
| Non estudante asistente | 25 € | 25 € |
Antes de rematar, debes ter en conta que te inscribir en MariCorners 2026, coa tarifa ou participación que sexa, implica aceptar os nosos protocolos contra a violencia e o acoso e contra o plaxio. Podes atopalos aquí e serán de aplicación durante todo o congreso, para nos asegurar de que sexa un evento seguro para todes.



