NOVIDADE! MariCorners é unha iniciativa autoxestionada coas vosas inscricións. Con todo, sabemos que non todo o mundo pode permitirse este gasto. Desde hai anos queremos facer deste congreso un espazo cada vez máis accesible.

Por iso, ata o 15 de febreiro poderás facer unha achega voluntaria (micromecenado) para que algunhe participante obteña unha inscrición gratuíta pola súa situación económica. Poderás achegar 5, 10, 20 ou 50 €. Todo o recadado irá exclusivamente a cubrir as bolsas de persoas que as soliciten e acrediten determinados criterios. Resolveremos as bolsas antes do 15 de febreiro para que es becades poidan inscribirse coas tarifas de unicornios temperáns.

Estas son as cuotas de inscrición deste aoo:

Perfil inscripción Unicornios temperáns
(ata i 28 de febreiro)
Unicornios tardíos
(do 1 de marzo
ao 15 de abril)
Estudante con comunicación, obradoiro ou performance 30 € 50 €
Estudante con póster 20 € 40 €
Estudante asistente 15 € 15 €
Non estudante con comunicación, obradoiro o performance 50 € 80 €
Non estudante con póster 30 € 60 €
Non estudante asistente    25 € 25 €

Participar no programa de apoio mutuo axudará a financiar a participación doutra persoa, pero non implica a túa propia inscrición.